Meetup WordPress Lugo

Un espazo para compartir acerca de tecnoloxía e especialmente do noso administrador de contidos favorito, WordPress.

Grazas a colaboración do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua que nos permite utilizar as instalacións do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Este proxecto tamén é posible grazas a LucusHost que ademáis de cedernos o hosting para esta web, en cada evento patrocina o noso habitual networking acompañado duns petiscos despois de cada meetup.

Podes darte de alta na aplicación de Meetup en https://www.meetup.com/wordpresslugo/

  • Deixa pegada nun proxecto que usan centos de millóns de persoas

    25 de Xuño de 2026 ás 19:00
    Reserva a túa praza gratuita en Meetup.com
    Cada día millóns de persoas usan WordPress. Pero hai unha pregunta que poucas veces nos facemos: Quen constrúe WordPress? Porque detrás do software non hai unha única empresa nin un equipo pechado. Hai miles de persoas de todo o mundo colaborando para melloralo. Nesta Meetup veremos como funciona a comunidade global de WordPress, como se organiza e…
    Relatores: Jesús Amieiro.
  • 27 de Maio de 2026 ás 19:00

    Consultorio WordPress: erros, poltergeist e traumas dixitais

    Trae o teu marrón: imos arranxalo entre todas e todos. Hai cousas que non aparecen nos cursos. Nin nos tutoriais. Nin sequera en Google. Nesta Meetup cambiamos o formato. Non hai charla tradicional. Non hai presentación con 70 diapositivas. Hai problemas reais. Esta é a idea: trae unha dúbida, un bloqueo, un poltergeist técnico, un…
    Relatores: Comunidade de WordPress.
  • 28 de Abril de 2026 ás 19:00

    Cómo construir unha páxina de servizos que xere confianza (e clientes)

    Ter unha páxina de servizos non significa que che contacten. Na charla veremos que é o que fai que unha páxina de servizos xere confianza de verdade… e por que moitas non o conseguen aínda que estean ben deseñadas. Falaremos de como definir un servizo, como comunicalo desde o punto de vista do cliente e que…
    Relatores: Mónica Saavedra.
  • 25 de Marzo de 2026 ás 19:00

    Gañas, pero… gañas ben?

    Ter un negocio propio non vai só de traballar duro, senón de conseguir que ese esforzo sexa rendible. Pechar o ano é algo máis que revisar facturas ou presentar impostos: é o momento de analizar con lupa os teus números e entender que che están dicindo realmente. Canto estás gañando en realidade por cada hora…
    Relatores: Manuel Martínez Polo.