AI-Build custom blocks. Crea bloques de WordPress desde cero
Tes visto mil tutoriais de bloques de WordPress.
Que se bloque de galería por aquí…
Que se grella de posts por alá…
Que se opción A…
Que se opción B…
[Non, realmente sabemos que non viches ningún, pero quedaba ben como gancho…]
Agora toca iso de dicir que podes vir á Meetup e que aprenderás a facer todos en 5 minutos.
Pero sabes que é mentira.
A realidade é…
…copias código sen entender a ver se por pura sorte funciona e, de repente, algo rompe e nin o inspector do navegador te salva.
Nesta Meetup imos facer o contrario.
Aquí vas entender, de verdade, como se crea un bloque de deseño:
- A súa estrutura real.
- Os arquivos que importan e os que só están para molestar.
- As funcións chave que o fan realidade.
- Os compoñentes que montan o que ves na pantalla.
- E si, para que serve poñer esa maldita liña de código extra.
Cando teñas isto claro, entramos na parte divertida: usar IA para acelerar o desenvolvemento.
Mais sen perder o control.
Non é maxia, non é copiar-pegar: é entender o que fas e saber a base para poder mellorar.
Sairás sabendo o que é un bloque e como comezar desde cero. Que non é pouco. Todo grazas a David Viña, desenvolvedor web especialista en WordPress.
📅 Terá lugar o próximo mércores día 26 de novembro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

