AI-Build custom blocks. Crea bloques de WordPress desde cero

26 de Novembro de 2025 ás 19:00
Relatores: .

Tes visto mil tutoriais de bloques de WordPress.

Que se bloque de galería por aquí…

Que se grella de posts por alá…

Que se opción A…

Que se opción B…

[Non, realmente sabemos que non viches ningún, pero quedaba ben como gancho…]

Agora toca iso de dicir que podes vir á Meetup e que aprenderás a facer todos en 5 minutos.

Pero sabes que é mentira.

A realidade é…
…copias código sen entender a ver se por pura sorte funciona e, de repente, algo rompe e nin o inspector do navegador te salva.

Nesta Meetup imos facer o contrario.

Aquí vas entender, de verdade, como se crea un bloque de deseño:

  • A súa estrutura real.
  • Os arquivos que importan e os que só están para molestar.
  • As funcións chave que o fan realidade.
  • Os compoñentes que montan o que ves na pantalla.
  • E si, para que serve poñer esa maldita liña de código extra.

Cando teñas isto claro, entramos na parte divertida: usar IA para acelerar o desenvolvemento.

Mais sen perder o control.

Non é maxia, non é copiar-pegar: é entender o que fas e saber a base para poder mellorar.

Sairás sabendo o que é un bloque e como comezar desde cero. Que non é pouco. Todo grazas a David Viña, desenvolvedor web especialista en WordPress.

📅 Terá lugar o próximo mércores día 26 de novembro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.