Deixa pegada nun proxecto que usan centos de millóns de persoas
Cada día millóns de persoas usan WordPress.
- Para vender.
- Para comunicar.
- Para crear proxectos.
- Para gañarse a vida.
Pero hai unha pregunta que poucas veces nos facemos:
Quen constrúe WordPress?
Porque detrás do software non hai unha única empresa nin un equipo pechado.
Hai miles de persoas de todo o mundo colaborando para melloralo.
- Programadores.
- Deseñadoras.
- Tradutores.
- Persoas que escriben documentación.
- Organizadoras de eventos.
- Usuarios que simplemente axudan a outros usuarios.
Nesta Meetup veremos como funciona a comunidade global de WordPress, como se organiza e por que leva máis de vinte anos facendo medrar un dos proxectos de software libre máis importantes do planeta.
Contaremos coa participación de Jesús Amieiro, colaborador activo da comunidade desde 2014, Locale Manager e General Translation Editor para a lingua galega, que compartirá a súa experiencia contribuíndo a WordPress desde Galicia.
Ademais, realizaremos unhas pequenas mesas de comunidade para descubrir diferentes formas de colaboración e coñecer como cada persoa pode atopar o seu sitio dentro do proxecto.
Porque contribuír a WordPress non consiste só en escribir código.
Consiste en formar parte de algo moito máis grande.
Se queres, trae o teu portatil!
- Xoves 25 de xuño ás 19:00
- Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n)
E ao rematar, networking e petiscos grazas a LucusHost.

