Quén somos

A Meetup de WordPress Lugo é un grupo de xente apaixonada polas novas tecnoloxías o Código aberto e o administrador de contidos WordPress.

Grazas a colaboración do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua que nos permite utilizar as instalacións de O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Este proxecto tamén é posible grazas a LucusHost que ademais de cedernos o hosting para esta web, en cada evento patrocina o noso habitual networking acompañado duns petiscos despois de cada meetup.

Concello de Lugo
LucuHost

Os co-organizadores deste grupo somos Saúl Vérez, Anxo Sánchez e Carlos Longarela.

Saúl Vérez

Saúl Vérez

Apaixóname colaborar coas persoas e os proxectos que me rodean, sempre buscando aportar solucións e xerar impacto. O meu traballo en www.saulverez.com reflicte o meu compromiso coa excelencia e o desexo de axudar a quen confía en min.

Valoro profundamente o tempo coa miña familia e amigos, así como os momentos nos que podo desfrutar da miña gran paixón: o tenis. Creo que o equilibrio entre o persoal e o profesional é clave para medrar e dar o mellor de un mesmo

Anxo Sánchez

Anxo Sánchez

Son Anxo.

Axudo a emprendedores coma ti a construír un proxecto dixital optimizado, que teña visibilidade e consiga clientes a través de Internet.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros. Eu tamén son emprendedor, xa pasei por iso e superei as barreiras que ti tes diante.

Podes contar comigo. Sen enganos.

https://medra.gal

Carlos Longarela

Carlos Longarela

Apaixonado do código aberto e trastallando profesionalmente coas webs dende finais dos 90.

Amaño problemas e desfruto polo camiño.

Aprendendo cada día un pouquiño máis de WordPress, ó que me dedico profesionalmente dende fai uns dez anos.

https://tabernawp.com/