Meetup WordPress Lugo

Un espazo para compartir acerca de tecnoloxía e especialmente do noso administrador de contidos favorito, WordPress.

Grazas a colaboración do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua que nos permite utilizar as instalacións do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Este proxecto tamén é posible grazas a LucusHost que ademáis de cedernos o hosting para esta web, en cada evento patrocina o noso habitual networking acompañado duns petiscos despois de cada meetup.

Podes darte de alta na aplicación de Meetup en https://www.meetup.com/wordpresslugo/

  • WordPress Playground: proba, racha con todo e volve comezar

    29 de Outubro de 2026 ás 19:00
    Reserva a túa praza gratuita en Meetup.com
    Hai dúas formas de probar algo novo en WordPress. Imaxina que puideses crear un WordPress en cuestión de segundos, sen contratar un hosting, sen configurar bases de datos e sen instalar nada no teu ordenador. Así. Da nada. Maxia! Un WordPress no que podes probar plugins, cambiar de tema, experimentar con diferentes versións de PHP…
    Relatores: Comunidade local de WordPress.
  • 24 de Setembro de 2026 ás 19:00

    CSI WordPress: investigando webs rotas

    Hai erros que se solucionan en cinco minutos. E despois están os outros. Ese checkout que queda cargando para sempre. Ese 403 que aparece onde non debería. Esa web que funcionaba onte e hoxe decidiu deixar de facelo. Ese problema que parece dun plugin, logo do servidor, despois da caché… e ao final resulta ser…
    Relatores: Comunidade local de WordPress.
  • 29 de Agosto de 2026 ás 12:00

    Galicia WordPress Day 2026

    Chega un clásico do WordPress estival galego! Vémonos no Clube de Campo e Tiro de Bonxe, en Outeiro de Rei (Lugo).  A info sobre como chegar… máis abaixo! Cando chega o bo tempo, as meetups adoitan parar porque hai que aproveitar o verán. Pero imos ser sinceros: encántanos xuntarnos, coñecer xente nova, falar de WordPress…
    Relatores: .
  • 25 de Xuño de 2026 ás 19:00

    Deixa pegada nun proxecto que usan centos de millóns de persoas

    Cada día millóns de persoas usan WordPress. Pero hai unha pregunta que poucas veces nos facemos: Quen constrúe WordPress? Porque detrás do software non hai unha única empresa nin un equipo pechado. Hai miles de persoas de todo o mundo colaborando para melloralo. Nesta Meetup veremos como funciona a comunidade global de WordPress, como se organiza e…
    Relatores: Jesús Amieiro.