Gañas, pero… gañas ben?

25 de Marzo de 2026 ás 19:00
Relatores: Manuel Martínez Polo.

Ter un negocio propio non vai só de traballar duro, senón de conseguir que ese esforzo sexa rendible.

Pechar o ano é algo máis que revisar facturas ou presentar impostos: é o momento de analizar con lupa os teus números e entender que che están dicindo realmente.

Canto estás gañando en realidade por cada hora que lle dedicas?

A túa estrutura de custos é sostible ou está a frear o teu crecemento?

Estás tomando decisións baseadas en datos ou só na intuición?

Nesta charla ensinareiche a mirar as túas cifras cunha nova perspectiva: a identificar se o teu negocio está a xerar valor, a detectar fugas de rendibilidade e, sobre todo, a deseñar un plan para mellorar os teus beneficios sen perder motivación nin propósito.

Porque cando os teus números teñen sentido, o teu proxecto tamén.

📅 Terá lugar o próximo mércores día 25 de marzo a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n), todo conducido por Manuel Martínez, márketer dixital para autónomos, pequenas empresas e grupos musicais.

🍻 A continuación, e xusto ao rematar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador da Meetup, LucusHost.