Non chega con aparecer en Google. Hai que dominalo. Aprende como facelo en 2025!

29 de Xaneiro de 2025 ás 19:00
Relatores: Borja García.

Pon atención.

Escoitas iso?

Si, estou seguro que si.

É unha música xa coñecida.

Tan apocalíptica como non atinada.

Son os expertos que levan matando ao SEO desde que existe como disciplina no márketing online.

Mira.

Todos os anos o mesmo

En 2013 o SEO morrera porque Google lanzou Panda.

Que se preparen as webs de merda porque agora Google valora a calidade! – Como se iso non fose a base do SEO de sempre…

En 2016 o SEO morreu porque Google comezou a mostrar respostas directas.

Google vai roubar todo o tráfico coas respostas rápidas! – O medo durou ata que aprenderon a optimizalas.

En 2024 o SEO morreu porque agora todo o contido é xerado por IA.

Os modelos GPT trouxeron o mantra de “a IA fará todo o contido” – Pero as webs mediocres seguiron sendo mediocres.

Nada morre.

Simplemente cambia.

E a iso si que tes que prestarlle atención.

De como xestionar o SEO en 2025 falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo con Borja García, Consultor SEO & Content Manager en estati.co.

📅 Terá lugar o próximo mércores día 29 de xaneiro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.